Bos días a todos/as! Como foi a fin de semana? Coma sempre, espero que moi ben. Supoño que xa vos decatariades de que estou empregando o galego no blog, pero... por que? A resposta é sinxela: este domingo 17 celébrase o Día Das Letras Galegas, e como homenaxe á nosa lingua, vou empregala esta semana no blog para comunicarme con todos/as vós. Agora si... imos co noso traballo! Matemáticas : imos facer unhas multiplicacións. Faremos as dúas primeiras filas. Son multiplicacións das táboas estudadas (2, 3, 4, 5) e sen levar. Déixovos, por se fose necesario, todas as táboas ademáis dun vídeo explicativo de como facelas: Como di o vídeo, recordade que empezamos a multiplicar sempre polas unidades, logo pasaríamos ás decenas e, se houbese, ás centenas. Plástica: com xa dixen antes, esta semana celébrase o Día Das Letras Galegas, así que hoxe imos facer unha manualidade chamada "Árbore de palabras". Os materiais que empregaremos son: -...
Comentarios
Publicar un comentario