Luns 11-05-2020

Bos días a todos/as!
Como foi a fin de semana? Coma sempre, espero que moi ben.

Supoño que xa vos decatariades de que estou empregando o galego no blog, pero... por que? A resposta é sinxela: este domingo 17 celébrase o Día Das Letras Galegas, e como homenaxe á nosa lingua, vou empregala esta semana no blog para comunicarme con todos/as vós.

Agora si... imos co noso traballo!

Matemáticas: imos facer unhas multiplicacións. Faremos as dúas primeiras filas. Son multiplicacións das táboas estudadas (2, 3, 4, 5) e sen levar. Déixovos, por se fose necesario, todas as táboas ademáis dun vídeo explicativo de como facelas:



 Como di o vídeo, recordade que empezamos a  multiplicar sempre polas unidades, logo pasaríamos ás decenas e, se houbese, ás centenas.



















Plástica: com xa dixen antes, esta semana celébrase o Día Das Letras Galegas, así que hoxe imos facer unha manualidade chamada "Árbore de palabras".



Os materiais que empregaremos son:
- 2 rollos de papel hixiénico
- Pinturas (ceras, de madeira, rotuladores, acuarela...)
- Tesoira
- Pegamento





O primeiro que imos facer é colorear os rollos de papel hixiénico de marrón. Tamén podemos facer raias en vez de colorear todo a superficie.













A continuación faremos uns cortes por unha parte dun rollo, e polos dous extremos do outro. O rollo cos cortes arriba e abaixo será a base da nosa      árbore.

         








Agora imos colorear o interior dos cortes que fixemos nos dous rollos













O seguinte paso é facer as follas, colorealas polos dous lados e cortalas coa tesoira. Rematado este paso, imos escribir nas follas ou ben palabras en galego (de aí o nome da actividade) ou autores homenaxeados noutros anos neste día (eu fixen esta opción, e pola parte de atrás de cada autor puxen o ano no que foi homenaxeado) 



      


Xa temos todo o necesario para montar a nosa árbore , neste caso de autores.













Metemos o rollo de papel que só ten cortes por un lado dentro do que ten os cortes polos dous extremos. Os cortes de abaixo serán as raíces da árbore e os de arriba serán as pólas.








Pegamos co pegamento as follas nas nosas pólas, tendo en conta a parte da folla que queremos que se vexa máis, no meu caso son os autores.











Quedará unha árbore así.








A actividade pode rematarse así, pero eu engadín unha folla na que escribín "Día Das Letras Galegas 2020" e "17 de Maio" como recordatorio do día.












Agora é o voso turno!

E chegou o momento... o momento de ver as vosas cartas! A verdade é que me puxo moi contenta ter noticias vosas e saber que estades ben. Ánimo, que o estades a facer moi ben!



E para rematar, tendo en conta que esta semana está adicada ao Día Das Letras Galegas, cada día explicarei unha palabra en galego para que coñezamos un pouco máis a nosa lingua. Hoxe é unha palabra moi coñecida por todos/as, pero que convén recordar:
Bico: beso.




Ata mañá, rapaces e rapazas!

Comentarios