Letras Galegas 2020

Bos días a todos/as:

Normalmente os mércores facemos Lengua Castellana e Lingua Galega, pero tendo en conta que esta semana celébrase algo importante en Galicia, hoxe só faremos Lingua Galega.

Como xa dixemos, este domingo 17 de maio, celébrase o Día das Letras Galegas. Antes de comezar a traballar un pouco sobre o escritor homenaxeado este ano, vou explicaros o por que elexiron este día para esta celebración.

Nesta data, pero en 1863, publicouse o primeiro exemplar de Cantares Gallegos, unha obra de Rosalía de Castro que marcaría o inicio do renacemento do galego. É unha obra escrita en galego pero... sabedes que pasaba? Pois que antigamente moi pouca xente escribía na nosa lingua e só uns poucos/as escritores/as se atrevían a facelo.

Dende hai 57 anos, neste día, homenaxéase a un/unha escritor/a diferente, todos/as eles/as destacados por empregar o galego nos seus libros ou por defender a nosa lingua.

Este ano, o homenaxeado chámase Ricardo Carvalho Calero. Imos coñecelo un pouco mellor:


Naceu en Ferrol (A Coruña) e os seus pais chamábanse María Dolores e Gabriel Ricardo.
Cando rematou os seus estudos en Ferrol, mudouse a Santiago de Compostela para cursar Dereito na universidade.
Formou parte do Seminario de Estudos Galego, un grupo de persoas que defendían o galego e a nosa cultura, e alí coñeceu a outros grandes escritores da época: Castelao, Otero Pedrayo...
Ademais, traballou en A Nosa Terra, Guión, Galiza, Resol, Universitarios... que eran diferentes revistas daquel momento.
A súa obra é extensa, e abrangue dende poemas, teatro, relatos... Un dos máis coñecido é " As pitas baixo a choiva".
Ademáis de escritor, foi profesor, catedrático de Lingua e Literatura Galega na universidade e membro da Real Academia Galega.


Deixovos unhas actividades para que fagades ao longo destes días se queredes. Son exercicios sinxelos sobre a vida de Ricardo Carvalho Calero e sobre unha das súas obras máis coñecidas "As pitas baixo a choiva". Repito, non é necesario facer todo hoxe. Podedes facer hoxe só as tres primeiras follas, que son as que son sobre a vida do autor, e deixar para o resto da semana as de "As pitas baixo a choiva". Non pasa nada se deixamos algún exercicio sen facer, o que quero é que coñezades un pouco mellor a Carvalho Calero.





























E a palabra que vos quero ensinar hoxe é:
Aperta: abrazo.

Chegou o voso momento... as fotos do compañeiro!

Raúl xa fixo a carta e a árbore. Bo traballo!




















Ata mañá! Pasade un bo día!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Educación Física

Luns 11-05-2020