Martes 12-05-2020

Ola familias!

Estamos xa a martes, polo tanto toca facer Inglés e Naturais. Estades preparados?

Inglés: adxunto ficha.





1.- Utiliza as palabras do recadro para completar o debuxo.
2.- Completa as frases mirando o plano do exercicio 1 (recorda nexto to= ao lado de)
3.- Escribe en Inglés 4 frases semellantes ás do exercicio 2 con palabras que coñezas.











Naturais: seguimos a repasar o aparello locomotor, neste caso os músculos.

https://www.youtube.com/watch?v=KyNVl14_L5Q este vídeo contén máis información da que estudamos nós.

https://www.youtube.com/watch?v=5SytABu6lKY&t=2s ata o minuto 1:19














Agora que xa repasamos a lección, estamos listos para facer os exercicios!

Imos facer os tres:

No primeiro temos que marcar con V ou F segundo as oracións sexan verdadeiras ou falsas (se facemos este exercicio nunha libreta podemos copiar só as oracións verdadeiras). Ademáis diso, podedes corrixir en alto as oracións falsas para convertelas en verdadeiras. Por exemplo:
- O conxunto de músculos chámase esqueleto. Esta oración é falsa. Vouna converter en verdadeira: O conxunto de ósos chámase esqueleto.

No segundo temos que contestar a esas tres preguntas. Póñennos ao lado o debuxo dos músculos que polos que nos preguntan para que recordedes e poidades ver a parte do corpo na que se atopa.

No último só temos que marcar as imaxes nas que os nenos están exercitando os músculos:
Primeira imaxe: nenos xogando ao fútbol.
Segunda imaxe: neno tumbado no sillón vendo a televisión. Terceira imaxe: nenos nadando na piscina.
                                                                Os que non imprimades a folla, podedes escribir o que fan os                                                                  nenos que exercitan os músculos.

Xa toca ver os traballos que me chegaron nas últimas horas!

Lola xa fixo a súa árbore!









Cartas de Mía e de Román.
















E para rematar, a palabra de hoxe é:
Agarimo: cariño, afecto, amor.

Bo día! Vémonos mañá!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Educación Física

Luns 11-05-2020

Letras Galegas 2020